mércores, 24 set 2003
A Xerencia Municipal de Urbanismo, que se reune o xoves, a partir das dez da mañá, tratará entre outros asuntos da orde do día, varios convenios de colaboración coa Zona Franca entre os que destaca o desenvolvemento dun polígono industrial en Matamá-Valadares.
mércores, 17 set 2003
A Xerencia Muninicipal de Urbanismo celebra reunión do Consello o xoves, día 18, a partir das 10.30 horas, no que se tratarán oito puntos que figuran na ode do día.
mércores, 10 set 2003
O xoves ás dez de mañá reúnese o Consello Urbanismo no edificio da Xerencia. Na orde do día figuran un total de 14 asuntos.
mércores, 3 set 2003
A xuntanza celebrarse ás 10 da mañá no edificio da xerencia de urbanismo con 8 asuntos na orden do día. Entre os temas que se abordará figura a expropiación por taxasión conxunta de catro fincas para a execución dos accesos do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.
A EMPRESA CONSTRUCTORA DAS OBRAS ADXACENTES TERÁ QUE REFORZAR OS CIMENTOS DO EDIFICIO
luns, 21 xul 2003
Técnicos municipais instan a empresa constructora do edificio lindante ao hotel Estoril a reforzar a cimentación dos baixos das obras ante as fendas que ao longo da mañá se detectaron no hotel.
xoves, 17 xul 2003
Constituiuse o novo Consello da Xerencia de Urbanismo que aprazou, para o luns 21 de xullo, a toma de decisións sobre a execución de sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do Pepri Finca do Conde. O alcalde reunirase previamente coas partes implicadas para tomar o acordo antes da súa prescrición.
luns, 14 xul 2003
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asinou o convenio para a entrada en funcionamento dunha nova quenda de rehabilitación de vivendas no Barrio Histórico. O orzamento total das actuacións previstas é de 809.474 euros que servirán para arranxar 31 vivendas en tres anualidades.
luns, 14 xul 2003
A orde do día do Consello da Xerencia de Urbanismo inclúe temas propios do consello constitutivo entre os que destacan as propostas da presidencia para a designación da vicepresidencia e para a selección e nomeamento da figura do xerente de Urbanismo.
luns, 7 xul 2003
A primeira reunión de seguemento do Pxom terá lugar na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o próximo martes 15 de xullo.