Toba presenta a cartografía dixital do municipio de Vigo

martes, 10 xuñ 2003

O Concello de Vigo xa dispón dunha cartografía dixital de todo o termo municipal que permitirá mellorar a xestión dos padróns e facilitará os traballos de planeamento urbanístico. A cartografía elaborouse a través dun convenio co Centro de Xestión Catastral do Ministerio de Facenda.

Ultímase a memoria das actuacións do Urban no Barrio Histórico de Vigo

mércores, 4 xuñ 2003

O proceso de actuacións destinado a revitalizar o Barrio Histórico, mediante a mellora da paisaxe urbana e a renovación de servicos básicos e de fomento do tecido económico e social, realizouse nos últimos anos cun importante esforzo económico do Concello de Vigo e cunha subvención europea. Os interesados poden consultar a memoria do Urban na web municipal.

Comeza a expropiación de terreos para a ampliación da rúa Manuel Álvarez

venres, 30 mai 2003

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de expropiación de terreos para a ampliación da rúa Manuel Álvarez, un vial que une Ramón Nieto coa estrada vella de Madrid. En total vanse expropiar 5.488 m2 que corresponden a 79 propiedades diferentes. O proxecto de urbanización de Manuel Álvarez, que prevé a ampliación do vial a 14 metros de ancho, será sometido a aprobación a vindeira semana.

O Concello reforma o Plan especial do porto para rematar as obras de "Abrir Vigo ao mar"

venres, 30 mai 2003

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou a reforma do Plan Especial do Porto de Vigo co obxectivo de facilitar o remate dos proxectos incluidos no plan "Abrir Vigo ao Mar". Esta modificación conta coa anuencia da Autoridade Portuaria e do Consorcio da Zona Franca. Unha vez aprobada polo Pleno da corporación e publicada no DOG, o Consorcio da Zona Franca poderá tramitar o proxecto de construcción do novo centro comercial da Laxe.

Consello da Xerencia de Urbanismo

xoves, 29 mai 2003

O Consello da Xerencia de Urbanismo convocou unha sesión extraordinaria e urxente para tratar a aprobación inicial dunha modificación puntual do plan parcial do Parque tecnolóxico e loxístico de Vigo. A reunión será o venres 30 de maio ás 10:00 horas.