A primeira fase da remodelación e mellora da Travesía de Vigo estará lista en novembro
A actuación conta cun orzamento de 790.829 euros e o elemento principal utilizado será o granito. A primeira fase corresponde ao tramo da Travesía entre Bailén e o calello situado á altura do número 138.<br /> <br />
O voceiro do Goberno José Manuel Figueroa e o concelleiro José Manuel Iglesias presentan hoxe mércores o proxecto da primeira fase da remodelación de beirarrúas e mellora da Travesía de Vigo, que ten un orzamento de 790.829 euros e cuxo prazo de execución é de 4 meses. Como o prazo de exposición pública no Boletín Oficial de Pontevedra finaliza o 4 de xullo e ata uns quince días despois non comezarán as obras, estas estarán rematadas aproximadamente a mediados de novembro.
O proxecto da Travesía de Vigo nace co obxectivo principal de garantir e racionalizar o aproveitamento das beirarrúas e de mellorar a deficiente execución dalgúns dos pavimentos actuais da rúa.
Para facilitar a execución das obras esta se realizará en dúas fases. A primeira corresponde ao tramo da Travesía entre Bailén e o calello situado á altura do número 138. A fase 2 estenderíase dende dito calello e o cruce coa rúa Numancia.
Como criterios de actuación, as beirarrúas ampliaranse case 2 metros de media sobre a calzada, reducindo a amplitude transversal desta dende os nove metros actuais ata situalos en torno aos 7 metros aproximadamente. A reforma non afectará á liña da mediana central axardinada e tampouco á superficie pavimentada da calzada máis próxima á mediana.
A configuración definitiva da rúa será idéntica á actual, xa que non se reducen o número de carrís destinados á circulación rodada. O que se executa é unha mellor organización para eliminar os sobreanchos actuais que permiten aparcar en dobre fila e reducen a superficie das beirarrúas. O aparcamento desta rúa unha vez rematado o proxecto será en liña.
Materiais utilizados
Respondendo a criterios de calidade e eficiencia, haberá profusión de elementos de granito para a pavimentación da rúa. Optouse por bordos de granito acabado flamexado de 20 cm de anchura para a delimitación das beirarrúas e recercados de losas de granito acabado flamexado de 80x40 cm para a delimitación de alcorques, que se sitúan cada 6 metros. A pavimentación da beirarrúa resólvese entre dichos recercados mediante pezas de terrazo de alta calidade acabado e abujarado de 60x40 cm.
Trátase dun pavimento que garante unha boa conservación e mantemento, unha transitabilidade moi cómoda e que ofrece ademais posibilidades estéticas e funcionais.
Rede de saneamento
Complementariamente intervense sobre a rede de saneamento substituíndo os colectores laterais de acometida de edificacións. Mellórase a recollida de pluviais instalando colectores específicos e mellorando o número e disposición de sumidoiros, así como dispoñendo de caces e rigolas tanto nas zonas de separación entre calzadas e aparcadoiros como na propia beirarrúa.
Tamén se intervén sobre o servizo de alumeado público aumentando o número de báculos existentes, modificando a súa disposición e reducindo a potencia das lámpadas co obxecto de mellorar a uniformidade do alumeado.
Mobiliario urbano
O proxecto contempla a instalación de mobiliario urbano no tramo, con papeleiras, bancos, fontes e varandas, e se completa coa implantación de árbores tipo Cercis (chamados árbore do amor), que alcanzan os 6 metros de altura.
En canto aos contedores, o espazo reservado para eles pode ser, ben a prolongación das áreas de aparcadoiro e dársenas de bus, ben delimitando con bordos illas para contedores, sempre que sexa estrictamente necesario.