Os salóns de Medio Ambiente e Prefabricados de Formigón, abertos no Ifevi ata o día 11
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alberto Núñez Feijoo inaugurou os salóns Simen e Pretec facendo un balance das actuacións da Xunta nos sectores de infraestructuras e medio ambiente. Núñez Feijoo apostou polo desenvolvemento sostible como medio para fomentar o turismo e manter o progreso das cidades.
O vicepresidente primeiro en funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo inaugurou este mediodía os salóns SIMEM (Salón Internacional do Medio Ambiente e Equipamento Municipal) e PRETEC, (Salón do Prefabricado de Formigón e as súas Técnicas), que permanecerán abertos ao público no Instituto Feiral de Vigo ata o próximo sábado 11 de xuño.
Na súa intervención o vicepresidente da Xunta fixo balance da xestión realizada polo goberno galego nos últimos catorce anos, tanto no que respecta á construcción de infraestructuras como ás accións desenvolvidas en materia medioambiental, e recordou que os dous salóns que hoxe se inauguraron recollen "disciplinas paralelas", polo que é necesario levar a cabo políticas que permitan manter o medio ambiente nas mellores condicións, sen menoscabar as inversións que garanten o desenvolvemento económico.
Alberto Núñez Feijoo realizou un chamamento aos sectores económicos da nosa comunidade para que aposten polo desenvolvemento sostible como única saída para que Galicia manteña sectores como o turismo e os faga compatibles co desenvolvemento urbano e industrial.
Desenvolvemento sostible
No acto de inauguración o presidente de APROEMA (Asociación Profesional de Empresas de Medio Ambiente), Óscar González, referiuse tamén á necesidade de apostar polo desenvolvemento sostible, ao tempo que recalcou o alto nivel que posúen as empresas galegas. O responsable de APROEMA invitou a todos os partidos que se presentan ás eleccións galegas a incluír como prioridade nos seus programas electorais a defensa do medio ambiente.
Pola súa parte, Serafín Ocaña, portavoz de PRETEC, indicou que a facturación das empresas do sector supera en España os 3.245.000 euros e xera mais de 35.000 empregos. De aí o interese de organizar un certame destas características, que aposta por un sector fundamental á hora de facer posible unha construcción mais sinxela, económica e fiable.
Descargar todas as imaxes