O investimento nos distritos 5 e 8 no último ano e medio ascende a 8,7 millóns
A alcaldesa, Corina Porro, estivo hoxe venres en Matamá para facer un repaso ás actuacións que o seu goberno realizou no último ano e medio nos distritos 5 e 8 e anunciar novas obras nesta área, que comprende as parroquias de Beade, Bembrive, Castrelos, Freixeiro, Matamá, Valadares, Zamáns e San Andrés de Comesaña.