O Campionato de ciclismo de fondo en estrada estará en Vigo por segundo ano
A proba disputarase nas categorías de Elite, sub 21 e sub 23, conta con 130 quilómetros de percorrido e pasa polos concellos de Nigrán, Baiona, A Garda, Goián, Tomiño e Gondomar.
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres o "Campionato de Galicia de Fondo en Estrada", que a cidade de Vigo acollerá por segundo ano consecutivo. A proba terá lugar mañá sábado e se disputarán as categorías Elite, Sub 23 y Sub 21 baixo a organización da Federación Galega de Ciclismo e Galicia NaveGa 2005, co patrocinio del Concello de Vigo e Deporte galego, ademais da colaboración de Caixanova y Coca Cola.
Os ciclistas deberán afrontar un percorrido de 130 quilómetros, con saída e chegada nas inmediacións do Estadio Municipal de Balaídos, tras pasar, entre outras localidades, por Nigrán, Baiona, A Garda, Goián, Tomiño, Gondomar e novamente Nigrán, xa cara á meta.
O percorrido, coñecido pola maioría dos ciclistas galegos ten uns primeiros 90 quilómetros bastante chans, "onde o vento pode ser o maior problema". Ao paso por Tomiño aparecen as primeiras ramplas e Nigrán supón a última dificultade antes de afrontar os quilómetros finais e a meta.
Descargar todas as imaxes