O investimento nos distritos 5 e 8 no último ano e medio ascende a 8,7 millóns
A alcaldesa, Corina Porro, estivo hoxe venres en Matamá para facer un repaso ás actuacións que o seu goberno realizou no último ano e medio nos distritos 5 e 8 e anunciar novas obras nesta área, que comprende as parroquias de Beade, Bembrive, Castrelos, Freixeiro, Matamá, Valadares, Zamáns e San Andrés de Comesaña.
Corina Porro, que estivo acompañada polo concelleiro de distrito Carlos Comesaña, definiu estas parroquias como "espazos propios que temos que coidar tanto como o Centro". Segundo a alcaldesa, o investimento nos distritos 5 e 8, de xaneiro de 2004 a maio de 2005, ascendeu a 8.691.799,62 euros. Desta cantidade, 1.492.138,11 euros corresponden a 2004 e 7.199.661,51 están a ser empregados durante o presente ano.
Do investimento total feito nos distritos 5 e 8, 3.521.554,68 euros corresponden ao departamento de Vías e Obras. Así, acometeuse o saneamento da parroquia de Beade, cun custo de 102.064,01 euros, e o da parroquia de Valadares, por un importe de 348.502,72 euros. Ademais, Vías e Obras pavimentou e asfaltou 43,45 kilómetros correspondentes a 40 rúas e camiños, a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra cun montante de 1.303.500 euros.
O departamento de Electromecánicos investiu un total de 271.839,97 euros. Esta cantidade destinouse a mantemento (13.189,85), á instalación de 31 puntos de luz novos (20.236,12), á substitución de 172 puntos de luz existentes (122.315,62), e á substitución de luminarias (98.728,26).
Pola súa banda, o departamento de Montes, Parques e Xardíns realizou actuacións por un valor de 66.600 euros. Entre as máis destacadas están o novo parque infantil da alameda Andrés Gaos (8.500 euros), o novo parque infantil da alameda de Zamáns (5.300 euros), a remodelación do parque infantil do parque forestal de Beade (3.000 euros).
Ademais, acondicionáronse e axardináronse as rotondas de Arquitecto Palacios (30.000 euros) e da Terceira Idade do Meixoeiro (3.000 euros). As actuacións deste departamento completáronse coa creación de tres zonas de axardinamento novas, a do contorno do parque infantil San Andrés (4.000 euros), a do Carregal-Valadares (10.500 euros), e a da parte porsterior do Palco da Salgueira (2.300 euros).
Entre as principais actuacións presupostadas para 2005 para a súa realización pola Concellería de Distrito están o saneamento integral da parroquia de Zamáns (2.631.844,10 euros) e a segunda fase do saneamento da parroquia de Bembrive (1.175.069 euros). Ademais, vaise realizar a urbanización da estrada Calvario-Vincios nas parroquias de Beade (915.490,88) e Bembrive (655.772,79 euros).
Outras actuacións prevista para este ano son a dotación de herba sintética e iluminación do campo de fútbol de Monte da Mina (600.000 euros), e o Paseo Liñal do Río Eifonso, en Bembrive, mediante subvención do programa PRODER, por 150.000 euros.
Para Corina Porro, todas estas obras realizadas e proxectadas son a proba de que a figura do concelleiro de distrito, un compromiso do seu goberno, "traballarou e coordinouse perfectamente" para "mellorar a calidade de vida" dos vigueses de todas as parroquias.
Descargar todas as imaxes