As pasarrúas percorrerán os barrios de Vigo dende o 17 de xuño ata o 3 de xullo con motivo do Festival Internacional de Jazz
Durante o I Festival Internacional de Jazz de Vigo, que terá lugar entre o 16 de xuño e o 3 de xullo, distintas pasarrúas interpretarán o mellor jazz por distintos barrios de Vigo.
Así, malia que o festival comeza o 16 de xuño, será o día 17 cando terá lugar a primeira actuación dunha banda de rúa. Concretamente os días 17, 18 e 19 de xuño será DR. MACARRONI Latin Jazz Brass a banda que dará comezo esta programación de pasarrúas. Integrada por Jonathan Badichi, trompeta; Tomas Jonson, trombón; Miguel Bestard, tuba; Alejandro Pérez, tenor; Ronnie George, bombo e Peter Dieterle, caixa, DR. MACARRONI Latin Jazz Brass fai unha orixinal reinterpretación de composicións de mestres como Duke Ellington, Herbie Hancock ou Thelonius Monk, percorrendo a historia do jazz a través do que consideran os seus mellores e máis representativos temas.
A seguinte fin de semán, 24, 25 e 26 de xuño, serán LOS KROKODILLOS os encargados de levar o jazz ás rúas da cidade.Formada por Mikha Violin no, banxo e voz; Sophia MacRae, clarinete e voz; Glenn Jacobi, trombón e voz; Chiaki Mawatari, tuba e voz, e Marti Elias, batería, washboard e voz, LOS KROKODILLOS son unha banda musical internacional establecida en Barcelona que interpreta a enérxica música de jazz do Nova Orleans dos anos vinte, cun estilo propio, cheo de swing. A banda formouse orixinalmente en San Petersburgo en 1988, pero hoxe en día, este sexteto congrega músicos de Inglaterra, Xapón, Australia e Rusia.
Pola súa banda, os SPIRITS JAZZ BAND tocarán nas rúas de Vigo na última fin de semán do festival, os días 1, 2 e 3 de xullo.
Joseph Siankope, trompeta e voz; Arturo Cid, clarinete; Fernando Berruezo, saxo tenor; Marce Merino, banxo; e Antonio "NTuba" Martí, tuba, compoñen SPIRITS JAZZ BAND, un grupo de jazz tradicional que en pouco máis de tres anos ten participado en varios festivales de jazz por toda a xeografía española así como en actos institucionais, recepcións, campañas publicitarias, inauguracións e actos de clausura de festivais de cine. Tamén levan a cabo diferentes proxectos pedagóxicos e de iniciación á música dirixidos especialmente á un público infantil, tratando en cada un os distintos aspectos do coñecemento básico musical.
Venda de entradas
As entradas para os concertos de pago do I Festival Internacional de Jazz de Vigo poden adquirirse únicamente a través de Caixanova, tanto na súa taquillla como na súa web.
En total, son oito concertos, catro que terán lugar no Centro Cultural de Caixanova e catro no Auditorio Municipal.
O prezo xeral das entradas dos concertos no Centro Cultural Caixanova son de 12 euros en butaca; 11 euros en 1º anfiteatro; 10 euros en 2º anfiteatro e 9 euros en 3º anfiteatro.
Pola súa banda, no Auditorio Municipal, o prezo das localidades é de 3 euros en todos os concertos.