Aberto o prazo de inscrición para participar no VI Campus Polideportivo de Vigo
O Campus terá lugar entre o 27 de xuño e o 1 de xullo en xornadas de 10 a 18 horas. Haberá sitio para 200 rapaces e terán o balonmán, baloncesto, voleibol, fútbol sala, hóckey e baloncesto en cadeira de rodas como actividades deportivas e paseo en piragua, béisbol e piscina como complementarias.
O período de inscrición para participar no VI Campus Polideportivo 2005 de Vigo quedou aberto hoxe martes 7 de xuño e pecharase o vindeiro 23 de xuño. Todos os nenos de entre 8 e 16 anos que queiran participar en algunha das súas disciplinas deportivas deberán apuntarse nas oficinas da Fundación Vigo Deporte no edificio do pavillón central das Travesas.
O Campus Polideportivo é un programa de práctica de deportes onde os alumnos poderán achegarse a diferentes disciplinas, dende un nivel de iniciación ata o perfeccionamento, da man das mellores entidades deportivas da cidade. Os alumnos inscritos poderán participar en todos os deportes que se imparten, o que posibilita o coñecemento de diferentes actividades.
O Campus conta con seis disciplinas deportivas a practicar:
- Balonmán, co Club Pilotes Posada
- Baloncesto e baloncesto en cadeira de rodas, cos clubs Bosco Vigourban, Amfiv Vital-vigo e Club Seis do Nadal
- Voleibol, co club Vigo Valery Karpin e o Xuvenil de Teis Frutas Nieves
- Hóckey, co Vigo Stick Grupo Atlántico
- Fútbol Sala, cos clubs Vigo Roypasa e San Xoan
Ademais haberá como actividades complementarias o paseo en piragua, a piscina e o béisbol.
O Campus terá lugar entre os días 27 de xuño e 1 de xullo cunha xornada de 10 a 18 horas, conta con 200 prazas e ten un prezo de 50 euros por alumno. Cada xornada inclúe o xantar cun servizo de catering a cargo das empresas McDonalds, Telepizza, panadería Río, Begano, Cabreiroá e Frutas Nieves.