A Xunta aproba a rehabilitación do buque histórico "Bernardo Alfageme"
A rehabilitación será só da parte externa do buque e custará 275.000 euros. En materia de deporte a Xunta autorizou a organización da II Edición do Classic Rally Costa Atlántica e do Campionato de Galicia de ciclismo de fondo en estrada.
A Xunta de Goberno Local deu hoxe luns a autorización á Asociación deportiva Tou & Auto para realizar a II edición do Classic Rally Costa Atlántica Porto- Rías Baixas os días 24 e 25 de xuño. Esta carreira entrará polo termo municipal de Vigo pola estrada que ven de Porriño a San Colmado o venres 24 ás 18 horas. Pasarán por Castrelos, avenida de Portanet, Citroen, Circunvalación, avenida de Europa e Samil, onde irán finalizando a etapa entre as 18,30 e as 20,30 horas. O sábado 25 sairán dende as 11 da mañá do Verbum en dirección a Beiramar e de alí á autoestrada A52 cara a Pontevedra.
Aínda en Deportes, a Xunta autorizou tamén á Federación Galega de Ciclismo a organización do Campionato de Galicia de Fondo en Estrada, que terá lugar este sábado 11 de xuño e recorrerá varias vilas do sur da provincia. A saída e a chegada terán lugar no estadio de Balaídos e a carreira contará con tres categorías: Élite, sub 23 e sub 21.
En Participación Cidadá a Xunta deu luz verde á prórroga do convenio entre o Concello de Vigo e as Unións Comarcais de CC.OO., UGT e CIG para o ano 2005. O acordo supón a aprobación das seguintes actividades por cada un dos sindicatos:
UGT: Servizo de información e atención ao cidadán, xornada "A mobilidade dos traballadores na Unión Europea" e xornada "A reforma do mercado laboral". O investimento total é de 13.820 euros.
CC.OO: Servizo de información e atención ao cidadán, xornada "Vigo: impulsora do Área Metropolitana", xornada "Xuventude e iniciativas de emprego", xornada "ETTs: empresas de servizos ¿emprego estable?" O orzamento deste grupo sindical é de 17.334 euros.
CIG: Servizo de información e atención ao cidadán, charla-coloquio "A situación do mercado de Traballo en Galicia, a continua emigración de traballadores galegos", charla-coloquio "A situación actual da muller e a mocidade no mundo do traballo en Vigo e a súa bisbarra". O orzamento é de 18.686 euros.
A Xunta aprobou tamén a rehabilitación do buque histórico de propiedade municipal "Bernardo Alfageme" por un importe de 275.000 euros. A rehabilitación do buque será inicialmente parcial, actuando tan só no exterior do buque, baleirando o interior do barco para facilitar o seu traslado e ancoraxe posterior. As labores de recuperación seguirán o criterio de máximo respecto aos materiais e ás características orixinais do buque. Esta rehabilitación non pecha a porta a novas actuacións no futuro que poidan reconstruír o interior do barco.