O Pleno modifica o orzamento para pagar as horas extras que farán os policías locais
O Pleno da Corporación Municipal aprobou unha modificación orzamentaria de 277.000 euros para pagar as horas extraordinarias que farán os axentes da Policía Local este verán e durante a próxima Volta ao Mundo de Vela.
O Pleno da Corporación Municipal aprobou inicialmente hoxe luns unha modificación orzamentaria destinada a pagar as horas extraordinarias que farán os axentes da Policía Local este verán e durante a Volvo Ocean Race. A modificación, proposta polo departamento de Seguridade, contempla unha cantidade de 277.000 euros, que se detraerá dun sobrante da que se dirixira no orzamento ao contrato coa concesionaria da grúa municipal.
O concelleiro de Seguridade, Antonio Coello, defendeu o voto afirmativo do PP lembrando o acordo de disponibilidade horaria asinado polo seu departamento e as centrais sindicais, que lles permitirá aos axentes cobrar un plus por prestar servizo os días libres de que dispoñen entre as súas correspondentes quendas de traballo. Antonio Coello definiu este acordo como "un modelo de eficacia".
En representación do PsdeG-PSOE, o concelleiro Ventura Pérez Mariño dixo que "nos abstemos para que a cidade conte coa presenza da Policía Local". O grupo socialista, así como o BNG e o PG, demandou unha "reorganización" do corpo policial que o concelleiro Antonio Coello previu para "antes de finais de ano".
Neste sentido, Enrique Viéitez, do BNG, denunciou o "conxelamento de plantel" que ao seu ver sufriu a Policía Local nos dous últimos anos. Ademais, o tamén nacionalista Xabier Toba, acusou o goberno municipal pola súa "improvisación" neste tema e pediu "unha proposta de reestructuración enriba da mesa". O BNG votou en contra da modificación orzamentaria.
O representante do PG, Manoel Soto, anunciou, pola súa banda, o voto afirmativo do seu grupo, pero considerou necesario que se especifique "cal é o plantel que necesita a Policía Local". Segundo afirmou a alcaldesa, Corina Porro, "cando acabe este mandato esperamos ter 100 policías máis".
Ata o de agora, 300 dos 370 gardas da Policía Local de Vigo se apuntaron para reforzaren as quendas de servizos durante os próximos meses, coa temporada de verán nas praias e a Volta ao Mundo de Vela como obxectivos prioritarios.