Escoitar

A Xunta de Voceiros reúnese para tratar o proxecto de construcción dos novos aparcadoiros

A Xunta de Voceiros chegou a varios acordos referentes ao proxecto de construcción de novos aparcadoiros en Areal, Pintor Colmeiro, García Barbón, Genaro de la Fuente, Rosalía de Castro e avenida de Castelao.

mércores, 20 xul 2005
Os voceiros dos grupos políticos presentes no Concello reuníronse hoxe mércores para analizaren o anteproxecto de aparcadoiros soterrados da cidade. Neste enconro tomáronse, de maneira consensuada, os seguintes acordos:

- Realizar un estudio complementario referido a zonas máis afastadas do centro urbano para estudar necesidades e analizando situacións concordantes coas previsións do novo Plan Xeral.
Para iso acórdase ampliar a Asistencia técnica para traballar en paralelo coa actual tramitación.

- Acordouse establecer sistemas construtivos e prazos de execución simultáneos dos diferentes grupos AREAL, PINTOR COLMEIRO, GARCÍA BARBÓN e GENARO DE LA FUENTE, ROSALÍA DE CASTRO e ALCAMPO. Entendendo que se non existen especiais dificultades de tráfico se simultaneen Arenal, Genaro de la Fuente e Pintor Colmeiro, co treito en obras de Rosalía de Castro.

- Analizar a compatibilidade do de Castelao cos túneles previstos (de acordo cun anteproxecto de paso soterrado baixo a glorieta de Alcampo) no referente a cotas.

- Á vista do anteprexeto presentado no seu día de "Abrir Vigo ao Mar", tratar de adaptalo en canto ao tratamento en superficie do aparcadoiro de Arenal.

- Establecer no anteproxecto uns tramos tarifarios, como mínimo, de 15 minutos de baixada de bandeira e 5 minutos en fraccións seguintes, e estudar a posibilidade de axustar o máximo posíbel a situación tarifaria dos Concesionarios actuais.

- Coordinar as execucións, en todo o posíbel, das actuacións urbanísticas no contorno de Pintor Colmeiro e Rosalía de Castro cos aparcadoiros previstos.