xoves, 23 set 2004
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou, na súa sesión ordinaria, modificar puntualmente o vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) con motivo do traslado e reubicación da subestación eléctrica do Castro. A nova localización que se propón para a subestación refírese ao subsolo da plataforma do vial interior do Monte do Castro, entre os tramos de escaleiras de subida dende a rúa Camelias.
mércores, 22 set 2004
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reunirase en sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o xoves día 23 de setembro, ás 9.30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda.
mércores, 15 set 2004
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reunirase para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o xoves día 16 de setembro, ás 9.30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda.
xoves, 9 set 2004
O Goberno Municipal informou na reunión mantida con motivo do Consello da Xerencia de Urbanismo, da súa intención de aprobar inicialmente, en Xunta de Goberno, o Plan Especial de Protección de A Guía. A conservación arquitectónica e forestal dun dos principais parques urbanos da cidade é a principal medida para levar a cabo a protección do monte.
mércores, 8 set 2004
O Consello celebra sesión ordinaria o xoves, día 9, ás 10 horas , e tratará entre outros asuntos da aprobación inicial do Plan Especial de protección do monte da Guía.
venres, 6 ago 2004
Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de pasado 19 de xullo de 2004.
venres, 6 ago 2004
Aprobada na sesión ordinaria do 19 de xullo de 2004 da Xunta de Goberno Local.
mércores, 28 xul 2004
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo terá lugar na sala de reunións da sede da Xerencia, o xoves, 29 de xullo, ás 9.30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda.
mércores, 21 xul 2004
A Xerencia reúnese o xoves, 22 de xullo, ás 9.30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda. Ao remate da Xerencia reunirase a Xunta de portavoces.
mércores, 14 xul 2004
O xoves, día 15, a partir das dez da mañá celebra sesión ordinaria a Xerencia de Urbanismo para tratar entre outros asuntos a adxudicación do contrato de asistencia técnica do mercado inmobiliario do Casco Vello.