Na reunión desta mañá aprobouse inicialmente a modificación do Plan Xeral para o reemprazamento da subestación eléctrica do Castro

O Consello da Xerencia aproba a solicitude de declaración do Casco Vello como ben de interese cultural

xoves, 27 mai 2004

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou por unanimidade solicitar á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia a declaración do Casco Vello de Vigo como Ben de Interese Cultural coa categoría de "Conxunto Histórico", cunha delimitación coincidente coa do planeamento urbanístico en redacción (Pepri do Casco Vello).

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 12 mai 2004

A Xerencia Municipal de Urbanismo celebra sesión o xoves, día 13 de maio, ás 10 horas , na que se tratarán entre outros asuntos da contratación da asistencia técnica para redactar o Plan Especial Ensanche-Cidade Central de Vigo en substitución do actual PEEC de 1990.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 5 mai 2004

A Xerencia Municipal de Urbanismo na sesión que celebra o xoves, día 6 ás 10 horas, tratará entre outros asuntos a prórroga da data límite para finalizar e recepcionar as obras do proxecto do paso inferior na Travesía de Vigo e reordenación da intersección coa rúa Aragón.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 28 abr 2004

A Xerencia de Urbanismo celebra reunión ordinaria o xoves, día 29 de abril a partir das dez da mañá, cunha orde do día na que se dará conta de 79 expedientes de licencias de obras, actividades e instalacións así como a contratación da consultoría técnica para a redacción do estudio do análise do mercado inmobiliario do Casco Vello .

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 21 abr 2004

Xerencia Municipal de Urbanismo celebra sesión ordinaria o xoves, día 22, a partir das dez da mañá , na que se tratará, entre outros asuntos, do presuposto do ano 2004 do devandito organismo autónomo.

Xerencia de Urbanismo

mércores, 24 mar 2004

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebra reunión o xoves, día 25, a partir das dez da mañá, co seguinte orde do día:<br />