Escoitar

A instalación dunha estación náutica na praia de Bouzas requeriría a modificación do Plan Especial do Porto

O xerente de Urbanismo respondeu ao BNG acerca da solicitude de instalación dunha estación náutica en Bouzas explicando que o Plan carece de ordenanza para esta zona. O solicitante debería ademais obter as licencias municipais de actividades e de obra sen que esto supuxese unha autorización para a edificación nin para o uso do solo.

xoves, 12 mai 2005
1115903051xerente.jpg
Xavier Rivas, xerente de Urbanismo
O Consello da Xerencia de Urbanismo que se reuniu hoxe xoves en sesión ordinaria tratou, entre outros asuntos, a moción do grupo municipal socialista sobre a redacción do Plan Especial do Ensanche. O PSOE insta ao Goberno para que execute os actos necesarios para proceder á contratación da consultora e asistencia técnica encargada de levar a cabo os traballos de redacción do "Plan Especial do Ensanche-Cidade central de Vigo", conforme aos acordos da Xerencia de novembro de 2002 e maio de 2004.

Deste modo é preciso proceder á substitución do plan especial para o núcleo central da cidade, por un novo plan adaptado ao novo marco urbanístico estatal e autonómico, así como á normativa relativa á protección do patrimonio cultural galego e do novo PXOM. En relación co PXOM é necesario ampliar o obxecto do Plan especial a fin de facelo coincidente co proposto no novo Plan Xeral en tramitación, que abrangue un total de 74,3 hectáreas. A moción foi aprobada cos votos a prol dos grupos políticos excepto do PG que preferiu abstenerse.

Fóra da orde do día o BNG preguntou ao Goberno pola petición recibida para a instalación dunha estación náutica e novos pantaláns flotantes na praia de Bouzas. Segundo o grupo nacionalista este tipo de iniciativas van reducindo o espacio que os veciños deste área teñen para o lecer e preguntoulle ao Concello o resultado desta petición. O xerente de Urbanismo, Xavier Rivas, indicou que o Concello non ten xurisdicción sobre as obras que se propoñen ao desenvolverse sobre a superficie das láminas de auga e que sí a tería respecto aos accesos e a construcción en terra, así como para otorgar as licencias para a apertura das actividades. E dado que o Plan Especial do Porto carece de ordenanzas respecto á zona que se pretende ocupar debería procederse á súa modificación puntual, previa redacción do oportuno Plan de utilización de Usos Portuarios que xustificase a necesidade de ocupación da superficie de auga, aimplantación deste uso e as condicións de edificabilidade.

Polo tanto a autorización administrativa para a instalación non é conforme á regulación de usos do Plan Especial do porto e requeriría a súa modificación, así como a redacción do Plan de utilización dos espacios portuarios. O informe da xerencia resolveu que os concesionarios estarían obrigados á obtención das oportunas licencias municipais de actividades e de obras, para o que deberían presentar os oportunos Proxectos esixibles de acordo coa bnormativa vixente sen que o presente informe supoña ningunha autorización para a edificación nin o uso do solo.
Descargar todas as imaxes