mércores, 11 mai 2005
Máis de 3.000 escolares dos centros de ensino de Vigo participaron na 8º etapa da presente edición do Correlingua, baixo o lema "Galego: un bico na lingua". A alcaldesa, Corina Porro, animou os cativos antes da saída da carreira para "que dos vosos labios xurdan palabras que falen de nós".
mércores, 11 mai 2005
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a programación do primeiro semestre do ano do ciclo de teatro por barrios "Vigo a Escena" que comezará a súa andaina a próximo fin de semana en Teis, Saiáns e o Concello.
mércores, 11 mai 2005
A nova exposición da Casa da Xuventude, 4RT3+ X0G0 = M4T3, conta cunha parte expositiva feita con poliedros e outra interactiva para que participen os rapaces e demáis público.