martes, 12 abr 2005
Tras rexeitar o novo PXOM, a segunda alternativa que lles deu o Concello e mesmo a idea de deixalo todo como estaba no plan do 93, José Manuel Figueroa pensa que son os veciños de Teis os que teñen agora que presentar unha alternativa. O concelleiro tamén explicou que a ampliación da Matamá para o crecemento de Citroën é unha prioridade.
xoves, 7 abr 2005
A alcaldesa, Corina Porro, asegurou durante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que o goberno local "está dando todos os pasos" para que non se constrúa o edificio proxectado no paseo de Alfonso e que está a suscitar a protestas veciñais por tapar a vista da ría.
mércores, 6 abr 2005
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 07 de abril de 2005, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da referida relación.
xoves, 31 mar 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu aprobar, entre outras medidas, o informe técnico e xurídico de AENA sobre o Plan Especial do Sistema Xeral Aeroportuario, así como senllas mocións do PsdeG-PSOE e do BNG.
xoves, 17 mar 2005
O concelleiro José Manuel Figueroa e o xerente de Urbanismo, Francisco Javier Rivas, manifestaron na Xerencia de Urbanismo a intención do Goberno de facer executar canto antes esta obra ante a pregunta do nacionalista Xavier Toba.
mércores, 16 mar 2005
O Consello da Xerencia de Urbanismo reúnese para tratar entre outros a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.A. Montecelo Alto, o recoñecemento do dereito de reversión de terreos en Baixada a Ríos-Teis e o nomeamento de tres auxiliares administrativos.
venres, 11 mar 2005
O concelleiro Antonio Coello e o xefe de departamento Juan Comesaña valoraron os resultados do chamado "Equipo Móvil de adquisición de datos". Este estudo calcula a velocidade media do tráfico en Vigo que, segundo Comesaña pode calificarse de moi boa.
xoves, 10 mar 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo tomou, entre outras medidas, a decisión de instar a súa Presidencia a dar as instruccións oportunas para sistematizar as parcelas do Patrimonio Municipal do Solo con uso residencial e tipoloxía de vivenda unifamiliar illada e/ou acaroada.