Urbanismo
O Consello da Xerencia de Urbanismo propón a aceptación parcial das obras de Navia
martes, 21 xuñ 2005O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local a aceptación dunhas obras de urbanización pertencentes ao Plan Parcial de Navia. Está previsto que o mesmo Consello da Xerencia entregará as licenzas de ocupación o xoves día 23.
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
luns, 20 xuñ 2005O martes, día 21, reunese o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión extraordinaria e urxente na sala de reunións da sede da Xerencia, ás 10 horas, para tratar de diversas actuacións do plan parcial de Navia.
A recepción parcial das obras de urbanización de Navia acordarase o martes
xoves, 16 xuñ 2005O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reunirase o martes 21 nunha sesión extraordinaria e urxente para acordar a aceptación e recepción parcial das obras de urbanización das parcelas 1-A e 1-B de Navia. O xoves 23 entregaranse as licenzas de ocupación das vivendas.
Rematado o prego de condicións para a licitación do Auditorio
xoves, 9 xuñ 2005O concelleiro José Manuel Figueroa explicou que o prego contempla unha duración de 40 anos e 96 millóns de euros, con 30 millóns de euros aportadas polas administracións. O vindeiro luns haberá unha reunión cos grupos políticos para que presenten as súas alegacións ao prego.
A primeira fase da remodelación e mellora da Travesía de Vigo estará lista en novembro
mércores, 8 xuñ 2005A actuación conta cun orzamento de 790.829 euros e o elemento principal utilizado será o granito. A primeira fase corresponde ao tramo da Travesía entre Bailén e o calello situado á altura do número 138.<br /> <br />
O Concello cre que os contactos cos veciños e o estudo das alegacións enriquecerán o Plan Xeral
xoves, 2 xuñ 2005O Concello valora de maneira "moi positiva" os contactos que está a manter cos veciños de cara á mellora do Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como o estudo das alegacións presentadas. Estas alegacións estarán proximamente a disposición do PsdeG-PSOE "para que faga o que considere conveniente".