mércores, 21 set 2005
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 22 de setembro de 2005, ás 9:30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os seguintes asuntos.
xoves, 15 set 2005
O portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, situou hoxe xoves a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a finais deste ano. O concelleiro do PP considera que os prazos da tramitación do PXOM "se poden cumprir perfectamente".
mércores, 14 set 2005
O Goberno local espera para o xoves as conclusións dos técnicos municipais de Medio Ambiente sobre a visita que realizaron a catro depuradoras de Barcelona. Estas valoracións poden servir, xunto con outros informes, de base para un acordo plenario que determine as liñas de actuación para solucionar o problema da depuradora do Lagares.
xoves, 8 set 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves ao Pleno da Corporación aprobar a modificación dun estudo de detalle que ten por finalidade posibilitar a construcción dunha escola infantil municipal na rúa Palencia.
mércores, 7 set 2005
A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe mércores a Alfonso Ramos como novo xerente do Consorcio Casco Vello, organismo a través do cal o Concello, Zona Franca e a Xunta de Galicia pretenden rehabilitar esta zona da cidade.
venres, 2 set 2005
A Comisión de Seguimento do PXOM estableceu hoxe venres o calendario de actuación para acometer a última fase do Plan Xeral de Urbanismo de cara á súa definitiva aprobación.
martes, 9 ago 2005
A rúa discorre paralela ao segundo cinto desde a avenida Europa. Os primeiros veciños de Navia xa poderán empadronarse en Vigo e acceder ao servizo postal.
xoves, 28 xul 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou proporlle ao Pleno da Corporación Local a modificación definitiva do PERI do Calvario, coa delimitación do seu polígono 11 e do sistema de actuación para a súa execución.