Escoitar

Proposto o rexeitamento dunha alegación de Miraflores relativa ao Plan Parcial "Quirós"

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo debaterá mañá xoves, entre outras propostas, a de rexeitar a alegación presentada por Miraflores ao prego de condicións económico-administrativas para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello no polígono 1 do Plan Parcial "Quirós".

mércores, 25 out 2006
A proposta refírese a unha parcela de 8.000 m2, de natureza indivisible e integrada no Patrimonio Muicipal do Solo. O pasado 21 de setembro, o Consello da Xerencia abriu o procedemento de adxudicación do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello e aprobou o prego de condicións técnico-administrativas que rexerá o contrato administrativo especial para o seu alleamento.

Este prego de condicións foi obxecto, por parte da entidade mercantil Miraflores, dunha reclamación cuxo rexeitamento se propón agora en virtude do interese público a que serve o Patrimonio Municipal do Solo.