Mañá inaugúrase o curso da Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música de Vigo celebrará mañá xoves, 26 de outubro de 2006, ás 20:00 horas, na sala de audicións do seu centro, o acto inaugural do curso 2006-2007. O acto contará coa presenza do concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves.
Este curso terá para os membros da Escola un caracter moi entrañable por ser o seu décimo aniversario. Por este motivo, a Escola prepara novas actividades, entre as que figuran as seguintes:
- Concertos en diferentes auditorios da Cidade a cargo das distintas agrupacións da Escola
- Exposición de fotos "DEZ ANOS DE ESCOLA DE MÚSICA"
- Programación de Concertos, con destacados solistas instrumentais
- Conferencias
A Escola non quere deixar pasar a oportunidade de lembrar as actividades anuais que vén realizando e que forman parte xa da súa programación estable:
- 21 de novembro. Serán Ceciliano
- Concerto de Nadal
- Festa do Entroido
- Semana Grande da Escola
- Concertos didácticos
- Audicións trimestrais
Neste curso preséntanse como novidades dúas novas materias que darán como resultado dúas novas agrupacións: "Banda de Música" e "Orquestra de cámara", as cales completarán as xa existentes (Orquestra da Escola, Coro, Conxunto Instrumental de Vento e Conxunto Instrumental de Corda).
Os obxectivos específicos do centro para este curso son os de difundir e profundizar na música tradicional europea e na música do século XX dun xeito teórico e práctico. Estes dous temas dividirán o curso escolar en dous cuadrimestres onde se centrarán as actividades da escola e polos cales se acadarán os obxectivos do Proxecto Educativo do Centro.
Desde a súa inauguración no ano 1997, a Escola pasou de ter 228 alumnos, nove especialidades instrumnetais e 12 profesores a contar na actualidade con 385 alumnos, 13 especialidades instrumentais e 16 profesores.
O incremento do número de alumnos e profesores resultou en novas iniciativas, propostas por parte da Escola e demandadas polos alumnos: novas materias intrumentais, novas agrupacións e o desenvolvemento dos seus planos de estudos para axustarse aos novos obxectivos da Escola.
Un destes obxectivos é o de darlle a oportunidade de seguir na música aos alumnos formados na Escola, podendo participar nas agrupacións instrumentais (Orquestra, Banda e Coro). Deste xeito queda cuberto un dos grandes problemas dos músicos afeccionados, que é o de poder seguir desenvolvéndose na música dunha forma activa.
Descargar todas as imaxes