As rúas de Vigo convértense nun museo de esculturas xigantes
Vinte e dúas esculturas de bronce xigantes conforman a exposición do artista polaco Igor Mitoraj que se inaugura hoxe martes en Vigo. A mostra repartirase entre as principais rúas da cidade, propoñendo o diálogo entre a arte e os cidadáns.
A distribución das obras responde ás indicacións do propio artista, que pretende transformar a paisaxe urbana habitual e establecer unha forte empatía con aqueles que as observen. Entre os espazos elixidos están as prazas da Constitución e da Princesa e as rúas Príncipe, Reconquista e Areal.
Igor Mitoraj ten protagonizado numerosas exposicións e intervencións de arte na rúa, recuperando coa súa obra o espírito da arte de Grecia, Roma e dos grandes mestres da escultura do Renacemento. As súas enigmáticas imaxes de deuses, heroes e figuras mitolóxicas toman agora as rúas de Vigo e preséntanlles os seus interrogantes aos seus cidadáns, grazas a unha iniciativa da Obra Social "la Caixa" coa que colabora o Concello. A exposición, titulada "Arte na rúa. Igor Mitoraj en Vigo", poderá verse ata o próximo 20 de novembro.
A mostra pasará por varias cidades de España. Xa estivo en Granada (de febreiro a marzo), Valencia (de abril a xullo) e Palma de Mallorca (de xullo a setembro). Sevilla, Madrid e Barcelona serán os seus destinos unha vez finalizada a súa estancia en Vigo.
O artista
De orixe polaca, aínda que nado en Alemaña en 1944, Igor Mitoraj traballou xunto a Tadeusz Kantor, un dos grandes nomes da plástica e a dramaturxia do século XX. Na década dos 70 viaxou a México e realizou as súas primeiras exposicións individuais en París e Nova Iorque.
Mitoraj transmite coas súas esculturas un concepto de pasado clásico evocado pola maxia da peza arqueolóxica, do fragmento escultórico en estado puro, ás veces incompleto pero grandioso. A súa obra actual bebe das horas pasadas ante os xesos clásicos na Academia de Cracovia e das visións de pezas mestras das épocas grega e romana, e mesmo dos rostros do colosalismo precolombino.
Mitoraj ten exhibido as súas obras nos máis diversos contextos: palacios, xardíns, conxuntos históricos e museos de todo tipo. Xa se instale no histórico marco dos Mercados de Traxano, en Roma, ou nunha paisaxe como os xardíns das Tullerías, en París (dúas das exposicións realizadas polo artista en 2004), a escultura de Mitoraj establece un poderoso diálogo que desencadea unha dimensión temporal: o tempo suspendido entre o presente e o pasado.
Inauguración
A exposición "Arte na rúa. Igor Mitoraj en Vigo", será inaugurada nun acto que terá lugar hoxe martes ás 19:00 horas na nova sede de Alcaldía (rúa Areal, 66). Asistirán a alcaldesa, Corina Porro, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, o delegado xeral de "la Caixa" en Galicia, Jesús Ángel de la Pedraja, o director da Área de Cultura da Fundación "la Caixa", Jesús Cejudo, e o comisario da exposición, Jean-Paul Sabatié. A inauguración seguirase dunha visita ás esculturas instaladas no centro da cidade.
Descargar todas as imaxes