Escoitar

Preséntanse en Vigo as monumentais obras de Igor Mitoraj<br />

O Concello e a Fundación "la Caixa" expón nas rúas de Vigo a obra do escultor polaco Igor Mitoraj nunha iniciativa pioneira. Esta exposición, que forma parte do programa da Obra Social "la Caixa" Arte na rúa, abre unha nova liña cultural que acerca a arte, a música e as humanidades ao público .

luns, 23 out 2006
1161598113caixa.jpg
As 22 obras de Igor Mitoraj que se presentan nesta mostra están distribuidas polas rúas da cidade, de acordo coas indicacións do propio artista, co obxectivo de transformar a paisaxe cotidiá e establecer unha forte empatía coas persoas que as observen.

A presentación de "Arte na rúa. Igor Mitoraj en Vigo" terá lugar o martes día 24 ás 19 horas no auditorio da nova sede da Alcaldía. A continuación, descubriránse as esculturas que compoñen a mostra e se realizará unha visita guiada polo percorrido.

Na presentación asistirán a alcaldesa, Corina Porro; o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves; o delegado xeral de "la Caixa" en Galicia, Jesús Ángel de la Pedraja; o director do Área de Cultura da Fundación "la Caixa", Jesús Cejudo e o comisario da exposición, Jea-Paul Sabatié.
Descargar todas as imaxes