Escoitar

Fin de semana de circus para mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, na Sala A!

O sábado día 21 e o domingo día 22, de 18:00 a 21:30 horas, a Sala A (Avda. Beiramar, 113). terá un ambiente circense para celebrar a fin de semana Circus. Así pois, ademais da súa programación de música e baile, dará cabida a unha programación alternativa onde varios monitores farán demostracións en directo de diferentes artes circenses e tratarán de ensinarlle algunhas delas aos/ás asistentes.

venres, 20 out 2006
Esta programación alternativa está enmarcada dentro do Espazo de Ocio Alternativo "Sala Ábrete" da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo,en colaboración coa Sala A, e que vai dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos.

Para máis información e tamén para consultar as novas programacións: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono 986 294 806, web: www.xuventudevigo.org