Escoitar

A Orquestra Sinfónica de Berlín abre o venres o festival de música AREMORE

A Orquestra Sinfónica de Berlín será a encargada de abrir, o venres día 20 de outubro, o festival de música ARE MORE 2006 no Teatro-Cine Fraga. En total representaranse 31 espectáculo no conservatorio de música, no auditorio municipal, na parroquia de María Auxiliadora, no Marco, na Casa de Arines e no teatro-cine Fraga.

xoves, 19 out 2006
1161263199aremore06.jpg
Dende a sua fundación en 1966 polo prestixioso MestreKurt Sanderling, a Orquestra Sinfónica de Berlín pronto se converteu nunha das máis reputadas orquestras alemás. Renombrados directores titulares aseguraron a gran calidade da mesma; así como o excelente traballo dos directores invitados e solistas, algúns deles considerados hoxe nomes míticos, contribuíron a reforzar o seu prestixio.

A Sinfónica de Berlín é moi recoñecida polas súas series de concertos na prestixiosa sala da Filarmónica e no Konzerthaus de Berlín, e son moi valoradas as súas actividades pedagóxicas. A orquestra realiza regularmente viras con enorme éxito: Alemaña, Holanda, Austria, Inglaterra, Francia, Suiza, Italia, España, Suecia, Finlandia. EE.UU., México, Arxentina, Brasil, Venezuela, Chile, Uruguai e Xapón.
Programa completo
Descargar todas as imaxes