Comezan as xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo contra a Violencia
A concellería da Muller e a vocalía da muller da Federación de Veciños organizan as XIV Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo contra a Violencia, que terán lugar no Centro Cultural Caixanova, os días 24, 25 e 26 de outubro de 2006.
Durante as tres xornadas desenvolveranse obradoiros simultáneos e rotativos, de 16:30 a 18:30 horas. Estes obradoiros están enfocados a mulleres, pero os homes tamén poden asisitir. Son os seguintes:
"As formas da violencia"
A psicóloga Beatriz Monroy explicará que a violencia de xénero non só abrangue un espazo privado, familiar ou en parella, senón que tamén se manifesta cos menores, no traballo ou na rúa. Este obradoiro atende aqueloutras formas violentas que deixan de ter relación directa coa violencia doméstica e busca ferramentas eficaces para identificalas e enfrontalas.
Con este obradoiro preténdese dar a coñecer os ámbitos nos que pode presentarse a violencia de xénero, identificalos e deseñar alternativas eficaces para controlala e protexer as vítimas.
"Corpos ben-tratados"
Sandra Verba falará da repercusión que o sometemento causa no "corporal" como escenario de malestares silenciados. A violencia "invisible", segundo esta psicóloga social, naturalízase en corpos oprimidos, negados ao pracer e benestar. Así, a desigualdade, discriminación e exclusión, tanto no social, laboral ou familiar deixan pegadas que vulneran e deterioran a saúde física e psicolóxica.
O que se pretende con este obradoiro é involucrar as participantes en procesos saudables e creativos e posibilitar a transformación e o cambio, baseado no recoñecemento e busca dos propios desexos e necesidades.
"A identidade das vítimas"
A psicanalista Claudia D’Ambrosio intentará concienciar as persoas que asistan a este obradoiro do impacto psicolóxico que sofre unha persoa maltratada, da sensación de perda de autoconfianza e autoestima. Para iso, analizaranse os contextos e as circunstancias do maltrato e da violencia nos ámbitos social, laboral, familiar e de xénero.
Conferencias
Cada unha das tres xornadas, ás 19:00, un especialista abordará a problemática da violencia de xénero desde o seu campo: A avogada Cristina Almeida, o martes 24; o médico forense Miguel Lorente Acosta, o mércores 25, e Cristina del Valle, da Plataforma de Mulleres Artistas en contra da Violencia de Xénero, o xoves 26.
As xornadas pecharanse cunha cea-espectáculo que combinará información e unha mostra teatral seguida dun debate. A mostra teatral consistirá na respresentación das pezas "A muller do caserón" e "Por qué a mataches", a cargo de Mónica Bar e Rosa Rodríguez. Fará a introdución a estas pezas María Xosé Queizán, autora da segunda, que enfoca o tema dos malos tratos dun xeito explícito.