Escoitar

Máis de 100 mulleres vítimas de violencia de xénero foron atendidas pola Concellería de Desenvolvemento Local

A Concelleira de Muller, Lucía Molares Pérez, presentou no pleno da corporación municipal extraordinario sobre muller , que se celebrou hoxe luns, a execución das máis de 100 actuacións políticas levadas a cabo para tratar de erradicar a discriminación de xénero. A Concellería sinalou as áreas de traballo dentro das que se encadran as políticas de igualdade de xénero do seu departamento: A Coeducación nas Institucións Educativas: Escola e Familia; Conciliación: Familia e Corresponsabilidade Doméstica; Promoción a Igualdade no Mercado Laboral, Promoción de Hábitos de Vida Saudable e a Campaña contra a violencia de xénero.

luns, 23 out 2006
1161610310noncomplices.bmp
O traballo da Concellería desempeñado durante máis de dous anos estivo marcada pola transversalidade conseguida, dunha parte, pola propia iniciativa das políticas propostas e, por outra, polas sinerxias creadas da cooperación cos distintos departamentos do Concello. Concellerías tan dispares como a de Asuntos Sociais, Educación, Emprego, Urbanismo ou Deportes puxeron en prácticas actuacións en materia de muller. Desta maneira, A Concelleira de Muller traballou intensamente para dar un paso máis en prol da igualdade de xénero.

As liñas máis novidosas emprendidas no presente mandato foron en materia de conciliación, medidas de emprego para acabar coa discriminación no mundo laboral, o apoio a presenza da muller no mundo masculinizado, como por exemplo nalgúns deportes, ou actuacións para erradicar a violencia de xénero na sociedade.

A Concelleira de Muller, Lucía Molares, considerou nunha das súas intervencións no pleno que unha política contra a discriminación non se pode basear só nas mulleres, senón que hai que integrar ós homes nas actuacións. Por iso, no seu mandato creou o programa "Vivir en parella", xa que "sen a implicación dos homes non é posible a igualdade". Por primeira establecéronse medidas de sensibilización dirixidas ó colectivo masculino como cursos de tarefas, tradicionalmente, feminización.

Outro dos avances foi a aposta por actuacións en prol da eliminación da segregación horizontal e vertical no mundo laboral. Nesta política de trasversalidade, a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, tamén dirixida pola Concelleira Lucía Molares, tomou as mulleres como colectivo prioritario no programa de axudas municipais á contratación e no programa de axudas municipais á creación de empresas. Así mesmo, nestas axudas se tivo unha especial sensibilidade coas mulleres vítimas do violencia de xénero favorecéndoas dentro das axudas anteriormente citadas. Así mesmo no conxunto do Plan Municipal de Emprego 2004/2007 (BIAL, SOL, VIGOZOO II) priorizouse a entrada das mulleres ó mundo laboral, na meirande parte dos casos, en traballos masculinizados. Unhas 2.584 mulleres participaron nos plan de emprego nestes últimos dos anos (datos do 31 de agosto de 2006). Unha medida simbólica, neste campo, é o patrocinio do Premio á Muller Emprendedora dentro do Salón do Emprendedor/a do Atlántico que patrocina a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego.

Por outro lado, destacar o proxecto da mancomunidade "Conta con Elas", unha iniciativa pioneira en España para loitar pola promoción das traballadoras a postos de responsabilidade con programas como "Promociona", "Rede de Empresas pola Igualdade" ou "Mide".

Nestes case tres anos traballouse pola visibilización das mulleres en áreas masculinizadas, como no deporte. Así, promoveuse a presenza feminina a práctica deportiva co apoio ó club de fútbol feminino "El Olivo".

Molares puxo énfase no traballo feito pola Concellería da Muller para combater a Violencia contra as Mulleres. Os obxectivos que definiron a política dos últimos tres anos foron: mellorar a atención inmediata ás mulleres vítimas de violencia; reforzar os mecanismos de apoio e seguimento na fase correspondente á saída das mulleres usuarias da Casa da Acollida; facilitar a socialización das mulleres vítimas de violencia e potenciar o acceso das mulleres que anualmente ingresan na Casa de Acollida ós servizos municipais deportivos e de lecer. As medidas máis importantes buscaban a independencia económica das mulleres vítimas de violencia doméstica. Por un lado, incrementáronse as bolsas económicas de axuda á saída da Casa de Acollida para as mulleres usuarias, e por outro lado, favorecendo a súa inserción ó mercado laboral con medidas do Plan Municipal de Emprego 2004-2007. Máis de 100 mulleres vitimas de violencia foron orientadas e empregadas grazas o plan do Concello. Outros programas como os de axuda á asistencia ó fogar priorizaron as mulleres maltratadas.
1161610310noncomplices.bmp
1161610384pleno231006.jpg.jpeg
Descargar todas as imaxes