Rexeitada a alegación de Miraflores relativa a unha parcela do Plan Parcial "Quirós"
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo rexeitou hoxe xoves a alegación presentada por Miraflores ao prego de condicións económico-administrativas para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello no polígono 1 do Plan Parcial "Quirós".
![1161867944XEREN261006.jpg 1161867944XEREN261006.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1161867944XEREN261006.jpg)
Coa abstención do PG e os votos favorables de PP, PSdeG-PSOE e BNG, o Consello da Xerencia rexeitou a reclamación presentada pola entidade mercantil Miraflores ao prego de condicións técnico-administrativas que rexerá o contrato administrativo especial para o alleamento do mencionado aproveitamento urbanístico.
Ademais, o Consello da Xerencia propúxolle á Xunta de Goberno Local a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa Cayetano Pereira de Limia, entre as rúas Santa Ana e Ensenada, no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Bouzas.
Descargar todas as imaxes