Inauguración da xornada "Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres"
A concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, Lucía Molares, inaugura, o venres día 27, a Xornada Transnacional "Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres" do Proxecto Equal Conta con Elas, que se desenvolverá de 9:15 ás 13:00 horas no Auditorio do Centro Social Caixanova.
A Xornada, que será pública, é o remate de tres días de traballo entre as entidades transnacionais asociadas a Conta con Elas dentro do proxecto "CONSTRUIRE ENSEMBLE UN NOUVEAUX PARCOURS CONTRE LES DISCRIMINATIONS" (Construír xuntos novos camiños contra as discriminacións).
As entidades asociadas asistentes a este encontro son os proxectos SAVOIR-FAIRE PYRENEENS de Toulouse (Francia); RECUPERARE LO SVILUPPO de Chieti (Italia), e EXITO de Porto (Portugal), que están representadas neste Encontro por 6, 9 e 14 persoas respectivamente..
Na xornada presentaranse os catro proxectos e haberá un relatorio no que Xaime Cabeza, catedrático da Universidade de Vigo, presentará o estudo "Análise de xénero na negociación colectiva do metal e da construción nas empresas da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo". Tamén haberá unha mesa redonda ao redor da igualdade de oportunidades na educación na que Carmen López, da Deputación de Pontevedra, presentará o xogo interactivo "A igualdade non é un xogo".
O Proxecto Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.