ArtFutura abre as súas portas hoxe xoves no MARCO
ArtFutura, o festival de referencia en creación dixital e novos medios, chega neste mes de outubro de 2006 á súa decimosétima edición. O MARCO de Vigo ofrece o programa audiovisual completo, que se presenta simultaneamente noutras oito cidades a partir de hoxe xoves.
Baixo o título "Estética de Datos/Data Aesthetics", o festival achégase este ano a terreos como a visualización de datos, a media-arquitectura, que pretende integrar os fluxos de datos nos espazos urbanos, e a introdución nos espazos escénicos das dinámicas da representación da información. Nun momento en que os usuarios de internet xeran e canalizan de distintas formas volumes de información cada vez maiores, artistas, deseñadores e tecnólogos estanse a interesar polo deseño de novas maneiras de representar e visualizar o movemento constante de datos que nos rodea.
Como novidade, este ano ArtFutura amplía o número de sesións ofrecendo dúas pola tarde (ás 17:00 e 19:00 horas) todos os días das proxeccións, e unha sesión matutina (ás 12:00 horas) os sábados e domingos. Así mesmo, o prezo acomódase á tarifa xenérica de 1 euro por sesión (tamén canxeable pola entrada do MARCO dese día).
Mentres no salón de actos se exhibe o programa audiovisual de ArtFutura 2006, na Biblioteca-Mediateca do MARCO están dispoñibles todos os programas de ArtFutura e Resfest das edicións 2003, 2004 e 2005, en formato DVD. Tanto o acceso á Biblioteca-Mediateca como a consulta de materiais audiovisuais son libres e gratuítos.
ArtFutura poderá visitarse ata o 26 de novembro. Os horarios son os seguintes: xoves e venres, ás 17:00 e 19:00 horas; sábados, ás 12:00, 17:00 e 19:00 horas, e domingos, ás 12:00.
Descargar todas as imaxes