Inauguración da sede da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo conta desde hoxe xoves cunha nova sede situada na rúa Ecuador ,34. O local foi inaugurado pola alcaldesa Corina Porro.
Dito local foi cedido polo Concello de Vigo en Xunta de Goberno Local de setembro do 2005 e acondicionado a través do Programa de subvencións para investimentos en infraestruturas e equipamento para entidades sen ánimo de lucro, xunto coa achega da propia agrupación cultural.
Dita sede permitiralle á Agrupación a organización de maneira permanente das súas actividades, entre as que figuran A Semana de Teatro Afeccionado, as distintas presentacións de publicacións, as conferencias, os cursos e obradoiros, sen deixar de man as actividades en constante colaboración co Concello de Vigo, como son a Cabalgata de Reis, o Entroido ou a Batalla de Flores.