Escoitar

Internet para maiores de sesenta

Dous grupos de 20 persoas maiores aprenden a navegar por internet no Centro de Innovación Tecnolóxica, situado na rúa Elduayen, 38, dentro dos cursos de informática que a Concellaría de Benestar Social organiza para este sector da poboación. A concelleira, Marta Iglesias, estivo hoxe xoves cos alumnos.

xoves, 26 out 2006
1161867047internetmaiores261006.jpg
Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Vigo que queiran adquirir coñecementos informáticos básicos. Desde o pasado luns ata o próximo 21 de decembro, dous grupos de 20 alumnos participarán nesta iniciativa de luns a venres, un de 11:00 a 12:00 e o outro de 12:00 a 13:00 horas. A duración de cada curso é de 35 horas.

Marta Iglesias salientou as ganas de aprender destes alumnos, xa que están "moi implicados" e "non falta ninguén".

Os grupos que asisten ata o 21 de decembro a estas clases serán reemprazados por outros o 15 de xaneiro. A Concellaría de Benestar Social calcula que en maio de 2007, cando finalicen estes cursos de informática, cerca de 200 persoas maiores terán adquirido coñecementos básicos nesta materia.

Os que queiran inscribirse poden achegarse ou chamar á Oficina de Benestar Social, na Casa do Concello (tel: 986 810 129). Non se necesitan coñecementos previos de informática para participar.
Descargar todas as imaxes