Consultora Galega recibirá 768.000 euros polas ordenacións detalladas de Samil e Guixar
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo recoñeceu hoxe xoves un crédito de 768.000 euros a Consultora Galega, entidade encargada da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (PXOM), pola redacción de ordenacións detalladas en Samil e Guixar.
Este acordo, aprobado cos votos favorables de PP e BNG, os votos contrarios de PSdeG-PSOE e a abstención de PG, responde ás facturas presentadas por Consultora Galega o pasado 2 de outubro en relación á ordenación detallada de Guixar (390.000 euros) e as da área de intervención de Samil (417.000 euros). Os importes recoñecidos hoxe xoves polo Consello da Xerencia son de 417.000 euros, no caso de Samil, e de 351.000, no de Guixar.
Consultora Galega desenvolveu as ordenacións detalladas de Samil e Guixar a raíz dunha solicitude da Comisión Delegada do Consello da Xerencia do 17 de novembro de 2003. O obxectivo desta solicitude era evitar que unha vez aprobado o Plan Xeral fose necesario elaborar, tramitar e aprobar nos ámbitos en cuestión planeamentos de desenvolvemento, esencialmente plans especiais de reforma interior.
A ordenación detallada de Guixar ten unha superficie de 151.000 m2 e unha edificabilidade de 1,37 m2/m2, mentres que as de Samil soman unha superficie total de 526.000 m2, cunha edificabilidade de 0,64 m2/m2.
Indemnización
Por outra parte, o Consello da Xerencia quedou informado do inicio, por parte do Concello, da tramitación dun crédito extraordinario de 471.000 euros para indemnizar a Consultora Galega polos traballos extra realizados durante a redacción do Plan Xeral.
Descargar todas as imaxes