Programa para a fin de semana das "Tardes e Noites Vivas"
Mais de 50 actividades están previstas para este fin de semana no programa de ocio da concelleríade Xuventude "Tardes e Noites Vivas" , dende as 17:00 horas da tarde e ata a 1:30 da madrugada do venres e do sábado.<br />
Venres, 3:
- No Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva) haberá un obradoiro de fundas de móbil, estuches e outros utensilios deseñados con cómics. Tamén se poderá practicar batuka, xogar unha pachanga ao aire libre ou entreterse cos xogos de mesa.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heraclio Botana, 6 – Baixo Esquerda) celebraranse as olimpiadas máis frikis.
- O Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1) será a sede onde se disputarán dous dos encontros do baloncesto "Vigo en Xogo". Pero, para os que prefiren pasar á acción, estará aberta a sala de musculación e outra para aprender e practicar Stylo, un deporte que mestura o aeróbic co merengue. Se a opción non é realizar deporte, tamén se poderá participar no obradoiro de iniciación á cociña mediterránea ou deseñar e crear fundas para o móbil con tea.
- O Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas) será o espazo preferido polos amantes das novas tecnoloxías, posto que realizarán actividades coma: conexión wifi, liga de xogos en rede, conexión a internet, chat e messenger e dardos electrónicos. Tamén se realizarán actividades de carácter artístico coma danza oriental, iniciación ao teatro ou decoración de cabazas de Samaín. A sala "Espazo aberto" estará a disposición daqueles e aquelas que queiran quedar para charlar ou xogar ao seu aire empregando os xogos de mesa, o xadrez ou os xogos de enxeño.
- No pavillón municipal de deportes de Coia (na Avda. Castelao) será o espazo ideal para realizar actividades deportivas, botar unha partida de dardos ou aprender e practicar batuka.
- Na Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 – Baixo), ademais de poñer a disposición unha sala multiusos para poder quedar cos amigos e amigas e realizar actividades libres coma futbolín, ping-pong, xogos de mesa, pendentes, chaveiros e carteiras de cómic, tamén se terá a oportunidade de realizar un obradoiro de globoflexia, acceder a internet ou botar unha partida de xogos en rede.
Sábado, 28:
- No Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva) Brasil será o protagonista das actividades desta noite xa que haberá ritmos deste país, así como capoeira. Tamén se poderá xogar unha pachanga nocturna ao aire libre, facer fundas de móbil e outros utensilios con cómics ou botar unha partida aos xogos de mesa.
- O Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1) abrirá a súa programación de noite con dous novos encontros do baloncesto "Vigo en xogo" e a sala de musculación. Pero, a continuación, poderá practicarse pilates ou participar nalgún dos dous obradoiros previstos: o de chapas creativas e o de xabóns naturais e aromáticos.
- No Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas) comezarase cun obradoiro de iniciación a break dance e conexión a internet, chat e messenger. A continuación realizaranse outras actividades coma : liga de risk, liga de xogos en rede, dardos electrónicos, karaoke e un obradoiro relacionado co Samaín onde se farán cabazas personalizadas.
- A Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 – Baixo) realizará un obradoiro de iniciación ao italiano, bailarán coas danzas do mundo e xogarán unha pachanga de futbito. Tamén porá a disposición dos asistentes o acceso a internet gratuíto e o material necesario para a realización de obradoiros de pulseiras, pendentes e coiro. A sala multiusos estará aberta para quedar cos compañeiros e compañeiras e, se apetece, botar unha partidiña ao futbolín, ping-pong ou a xogos de mesa.
Cada unha destas actividades teñen un horario determinado dentro do intervalo que vai dende as 17:00 ata a 1:30 da madrugada.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 ou na web www. xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes