A Fundación VIDE obtén 15.000 euros do seu socio protector Canon
A Fundación VIDE (Vigo Deporte), a través da súa vicepresidenta, Lucía Molares, e Canon SA, por medio do xerente de Sistemas de Oficina Rías Baixas, Víctor Delgado, asinaron hoxe martes un convenio para a inclusión desta empresa como socio protector da Fundación cunha contribución de 15.000 euros.
Lucía Molares agradeceu a "sensibilidade" demostrada por Canon á hora de apostar polo deporte de base e de elite de Vigo cunha iniciativa que, segundo afirmou, debería "animar a que sexan máis empresas as que colaboren". Molares lembrou que, "a pesar do incremento dos recursos" destinados ao deporte vigués, a axuda do sector privado segue sendo "fundamental".
Pola súa parte, Víctor Delgado, sinalou que coa contribución acordada hoxe martes Canon non fai máis que "devolver á sociedade parte do que nos dá", que é, de acordo coas súas declaracións, un dos principios da filosofía da súa empresa.
Descargar todas as imaxes