Reiterado o apoio ao acordo plenario de xullo sobre depuración de augas
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade hoxe luns unha moción do PSdeG-PSOE que insta o Goberno local á execución do acordo plenario do 27 de xullo sobre a depuración de augas residuais no termo municipal de Vigo.
O mencionado acordo insta á realización das obras necesarias para a corrección dos defectos da depuradora do Lagares, así como a optimización do seu funcionamento de acordo cos informes da comisión técnica municipal.
Así mesmo, a moción do PSdeG-PSOE lembra a necesidade de regularizar os terreos nos que se localiza a EDAR do Lagares e de incoar, por parte do Goberno local, un expediente de investigación sobre a xestión realizada pola empresa concesionaria, depurando as responsabilidades "que por deficiencias no mantemento houbera lugar".