A alcaldesa inaugura no IFEVI Vigoferia e Expogalaecia<br />
Máis de 400 expositores participarán este ano en Vigoferia, Salón do Moble, Decoración e Interiorismo que terá por escenario o Instituto Ferial de Vigo. Vigoferia desenvolverase entre os días 28 de outubro e 5 de novembro e verá incrementada a superficie neta de exposición nun 15 por cento.
Nesta décimo terceira edición o certamen terá de novo carácter profesional e público e estará dedicado fundamentalmente ao moble, a decoración e o interiorismo, ofrecendo as últimas novidades deses sectores. Vigoferia ocupará unha superficie de 33.000 metros cadrados e estará aberta ao público de forma ininterrumpida, desde as once da mañá ás nove da noite, excepto os días 2 e 3 de novembro, que o horario será de 16,00 a 21,00 horas.
O sector turístico representado en Expogalaecia
O salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía, desenvolverase no Instituto Ferial de Vigo entre os días 28 de outubro e 1 de novembro, contando de novo cunha importante presenza de países, entre os que cabo destacar Egipto.
O salón, que alcanza a súa novena edición, estará aberto ao público xeral e aos profesionais do sector, converténdose en punto de atracción.
A feira, que permanecerá aberta de 11 da mañá a 9 da noite, contará, un ano máis, cunha importante presenza de Portugal, así como doutros países que acoden a Vigo para ofrecer a súa ampla oferta turística. Polo que respecta a España, ademais da importante participación de Galicia, a través das súas institucións cabe destacar a asistencia nesta edición do País Vasco, que presenta o súa magnifica oferta turística, gastronómica e cultural. Así mesmo Palencia acudirá con máis de 100 metros cadrados de exposición.
Pasarela Xoves Diseñadores
Unha treintena de creativos do mundo da moda, procedentes de distintos puntos de España, participarán este ano na décimo primeira edición do Salón Internacional de Mozos Diseñadores, a Pasarela de Vigoferia, que se desenvolverá no Instituto Ferial de Vigo os días 3, 4 e 5 de novembro. A iniciativa está patrocinada, por segundo ano consecutivo, por Caixanova, e mantén o seu obxectivo de servir de escaparate das novas promesas do mundo da moda.
Consolidada xa a nivel internacional, a Pasarela é un concurso que permite que os novos diseñadores tomen contacto coa realidade do mercado laboral, mostrando os seus traballos e aproveitando a cita en Vigo para impulsar as súas carreiras no difícil mundo da moda.
O xurado, que estará integrado por diseñadores de empresas de renombre no sector, será o encargado de definir os ganadores dos premios que se van a entregar: un primeiro, dotado con 2.100 euros; un segundo, de 1.500 euros; un terceiro de 900 euros; e un accésit de 300 euros.
Descargar todas as imaxes