Xornada transnacional sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
A concelleira da Muller, Lucía Molares, asistiu hoxe venres ao acto de inauguración da xornada "Sensibilización laboral, social e educativa. Camiño cara á Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres". A xornada desenvolveuse hoxe venres no Centro Social Caixanova como parte do programa do proxecto transnacional "Construire ensemble un nouveaux parcours contre les discriminations".
Vigo acolle, desde o pasado mércores ata este sábado, as xornadas españolas deste programa no que participan tamén os proxectos "Relos", de Italia, "Diese", de Francia, e "Éxito", de Portugal, presentados durante a xornada de hoxe venres ao público reunido no Auditorio do Centro Social Caixanova.
En representación de España presentouse "Conta con elas", o proxecto de emprego da iniciativa comunitaria Equal promovido pola Agrupación de Desenvolvemento "Área Metropolitana de Vigo" e cofinaciado polo Fondo Social Europeo. Cun orzamento de 2,7 millóns de euros, está dirixido a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no mundo do traballo.
Descargar todas as imaxes