Escoitar

Fin de semana "de medo" na Sala A!

Con motivo do Samaín e do Hallowen, a SalaA! (Avda. Beiramar, 113) vai redecorar o seu espazo para celebrar unha festa onde o terror e o medo serán os protagonistas.

venres, 27 out 2006
Este evento terá lugar o sábado día 28 e o domingo día 29, de 18:00 a 21:30 horas, dentro da programación do Espazo de Ocio Alternativo "Sala Ábrete" da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, en colaboración coa SalaA! e que vai dirixido sobre todo para mozos e mozas de entre 14 e 18 anos.

Para máis información e tamén para consultar as novas programacións: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono 986 294 806, web: www.xuventudevigo.org