Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 27 out 2006
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 30 de OUTUBRO de 2006, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Acta anterior (s. ordinaria 27.07.06)

2.- Proposta de cambio de representante veciñal do Grupo municipal do Partido Popular no organismo autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios.

3.- Proposta de cambio de representantes veciñais do Grupo municipal do Partido Popular no organismo autónomo municipal Parque Natural das Ciencias Vigozoo.

ALCALDÍA

4.- Dar conta da Resolución da Alcaldía-Presidencia de data 23 de outubro de 2006 de delegación de funcións.

URBANISMO

5.- PERI 3 "RAVISO" Núcleo 16-04-1. Remate e arquivo do procedemento. Expte. 8030/411

XESTIÓN MUNICIPAL

6.- Ratificación de acordo da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive.

7.- Modificación da Ordenanza Fiscal Xeral.

8.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.

9.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica.

10.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.

11.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Construccións Instalacións e Obras.

12.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos Documentos que expida ou de que entenda a Administración do Concello ou a dos seus Organismos Autónomos a instancia de parte.

13.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas relativas ó servicio de Transporte urbano de viaxeiros en automóbiles e lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de abono).

14.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos servicios especiais por Espectáculos e Transportes.

15.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de servicios de Prevención e Extinción de Incendios, prevención de ruinas de construccións, salvamentos e outros análogos.

16.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora dos Dereitos ou Taxas pola prestación dos Servicios dos Cemiterios Municipais.

17.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.

18.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola recollida do lixo.

19.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servicios de Inspección Sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.

20.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación dos Servicios de Sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo.

21.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas septicas, solares, e servicios similares así como a recepción de residuos na pranta de transferencia.

22.- Modificación da Ordenanza fiscal reguladora das Taxas pola prestación do servicio das escolas de 1ª etapa de educación infantil.

23.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

24.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por aproveitamento especial de terreos de dominio público local con instalación de quioscos.

25.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.

26.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de Licenzas para Construccións, Obras e Instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo.

27.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas por Licenzas de Actividades e Instalacións.

28.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos servicios que presta o Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias "Vigo-Zoo" a través do seu Parque Zoolóxico.

29.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servicios de Subministración de Auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

30.- Modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos pola prestación de Ensinanzas Especiais e outras actividades en establecementos municipais.

31.- Modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos por utilización das instalacións deportivas municipais, pertecentes o "Instituto Municipal dos Deportes.

ASUNTOS SOCIAIS

32.- Proposta para nomear tres viais na parroquia de Castrelos (Camiño do Carro, Camiño de Manuel Bazarra e Camiño das Tres Cruces).

MOCIÓNS

33.- Moción do Grupo municipal do PG instando á aprobación íntegra do Plan de Acción Veciñal para as parroquias de Vigo.

34.- Moción do Grupo municipal do PG sobre unha nova biblioteca especializada en idiomas estranxeiros.

35.- Moción do Grupo municipal do BNG instando convenio para evitar o avance da alga Sagassum mitucum na Ría de Vigo.

36.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre ocupacións dos postos de tempada nas praias do Concello.

37.- Moción do Grupo municipal do BNG para a adopción de medidas de adecentamento e limpeza de monumentos da cidade.

38.- Moción do Grupo municipal do BNG para a realización de xestións para dotar dunha conexión ó enlace de Balsa ás parroquias de Comesaña e Matamá.

39.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre ampliación das instalacións da Escola Oficial de Idiomas.

40.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a depuración de augas residuais no termo municipal de Vigo.

41.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o fomento e creación das ecoescolas.

42.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE para o desenvolvemento dun plan municipal de novas tecnoloxías e sociedade do coñecemento para Vigo.

43.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a violenza de xénero.

44.- Rogos e preguntas.