Escoitar

Cursos de autoestima para mulleres

A concellería da Muler abre o prazo de inscrición para os cursos de carácter gratuíto "Valoración da identidade e da autoestima na muller"

luns, 30 out 2006
O curso está destinado ás mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo. Terán preferencia as mulleres que non realizaran o curso a través do Concello nos últimos cinco anos. Prazas limitadas.

Os obxectivos do obradoiro son coñecer a construcción e a evolución da identidade psicosexual;reflexionar sobre a influencia das crenzas e dos modelos na imaxe e na estima persoal, descubrir e valorar os recursos internos.

Os contidos desenvolveránse dentro dun encadre referencial teórico que abordará os seguintes temas:

-Desenvolvemento evolutivo do proceso de identidade.

-Mandatos, crenzas, estereotipos, modelos de identificación, roles.

-Condicionantes internos: auto esixencias, idealizacións, medos, culpas.

-Niveis de conciencia mental, emocional, corporal e social.Contradiccións.

-Integración saudable da identidade como requisito da autoestima: saber valorarse adecuadamente.

A exposición do temario instrumentarase con técnicas que operativicen o aprendizaxe e realizaranse exercicios vivenciais con dinámicas de grupo que permitan a elaboración na toma de conciencia da valoración persoal.

O desenvolvemento do programa constará de 15 h destribuidas en 5 obradoiros de 3 h de duración cada ún.

Datas, días 2 (xoves), 6 (luns), 8 (mércores), 9 (xoves) e 14 (martes) de novembro

Horario, de 18,00 a 21,00 h

Inscriccións: Departamento da Muller.1ª planta Casa do Concello.Praza do Rei,s/n. Teléfono 986/810284.

Lugar de realización: Casa das Mulleres (rúa Romil,20-baixo esquerda).