Escoitar

O Concello destinará este ano 175.000 euros ao plan de sinalización da cidade

A concelleira de Turismo , Lucía Molares, anunciou hoxe que nos próximos meses o Concello destinará 175.000 euros ao plan de sinalización turística da cidade, que incluirá os hoteis e os lugares de interese para os visitantes.

martes, 31 out 2006
1162303777ahosvi.jpg

Molares realizou o anunciou no acto que se celebrou esta mañá en Vigoferia, e no que a Asociación de Hostelería de Vigo, rendíalle homenaxe á concelleira e ao presidente do organismo Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, polo apoio prestado ao proxecto "Vigo Escapadas" que promove o colectivo.

A concelleira de Turismo indicou que nunha segunda fase incorporarase a a sinalización dos hoteis, e posteriormente farase o propio con algúns dos puntos máis interesantes da cidade para os visitantes, e anunciou que confía en que todo o proxecto estea rematado no mes de marzo de 2007.

Durante o acto de homenaxe o presidente de AHOSVI, Sergio Román, indicou que sen o apoio recibido do Concello e de Turismo Rías Baixas non sería posible levar a cabo o proxecto Vigo Escapadas, un proxecto que trata de potenciar o turismo de curta estancia.

Recordou que Vigo conta con preto do cincuenta por cento da planta hoteleira de Rías Baixas, polo que iniciativas como esta teñen un gran interese para desestacionalizar o turismo.

Pola súa banda a concelleira de Turismo mostrou o apoio do Concello a calquera iniciativa tendente a mellorar o sector servizos, e avogo porque a cidade de Vigo debe compatibilizar os usos industriais co sector de servizos, e fixo fincapé no compromiso do goberno municipal de colaborar con todas as asociacións que traballen nesa liña.

Indicou Lucía Molares que Vigo quere ser o corazón das Rías Baixas, e exercer o liderado como principal cidade de Galicia e da provincia.

No caso do turismo sinalou os esforzos que se veñen realizando para apostar pola náutica, os congresos e as actividades deportivas, que contribúen a atraer visitantes fóra da época estival.

En representación de José Manuel Figueroa, presidente do organismo Turismo Rías Baixas recolleu o galardón o xerente, Octavio Rodríguez, quen confirmou que os folletos turísticos de "Vigo Escapadas" traducíronse xa ao inglés e ao francés para captar visitantes de ambos países.

En concreto ese material estará nas próximas citas ás que acudirá o padroado, como son o World Trade Market, que se celebrará entre os días 6 e 9 de novembro en Londres e no Salón Náutico de París, previsto entre os días 2 e 11 do mesmo mes de novembro.
Descargar todas as imaxes