venres, 20 xan 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidirá, nunha reunión extraordinaria o próximo 28 de febreiro, a data do Pleno en que se aprobará provisionalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
xoves, 19 xan 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves ao Pleno ter por iniciado un novo expediente de revisión de oficio para a declaración de nulidade do convenio entre o Concello e Miraflores SA.
mércores, 18 xan 2006
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 19 de xaneiro de 2006, ás 9:30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da seguinte relación.
xoves, 12 xan 2006
Os grupos políticos tentarán acordar unha postura común sobre as anotacións preventivas no Rexistro da Propiedade, de cara á reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do próximo xoves 19 de xaneiro.
mércores, 11 xan 2006
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 12 de xaneiro de 2006, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da seguinte relación.
xoves, 5 xan 2006
Corina Porro informou hoxe xoves os grupos políticos do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de que o Ministerio de Fomento avanzou cara ás posturas do Concello no relativo á entrada do AVE en Vigo.
mércores, 4 xan 2006
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 5 de xaneiro de 2006, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da seguinte relación.
xoves, 29 dec 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo solicitoulle hoxe xoves á súa presidenta, Corina Porro, que informe na súa próxima reunión, o xoves 5 de xaneiro, da proposta do Goberno local sobre a entrada norte do AVE.
xoves, 22 dec 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local, na súa reunión de hoxe xoves, a aprobación definitiva do proxecto de equidistribución do polígono "Pobo Galego", cambiando ao mesmo tempo o seu sistema de actuación.