Escoitar

O Concello aboará unha indemnización de 269.000 euros a Consultora Galega

O Concello aboará a Consultora Galega un total de 269.000 euros en concepto de indemnización polos honorarios e gastos extras non establecidos no contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo.

xoves, 28 dec 2006
1167316091xeren281206.jpg
A decisión foi aprobada hoxe xoves polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo cos votos favorables do PP e do BNG. PG e PSdeG-PSOE votaron en contra do aboamento da indemnización ao non considerala procedente.

Ademais, o Consello da Xerencia aprobou por unanimidade senllos expedientes de restauración da legalidade urbanística alterada, declarando como realizadas sen licenza e non legalizables as obras acometidas no Camiño do Pazo, 26 (Matamá) e na estrada Marco, 20 (Sárdoma).
Descargar todas as imaxes