Escoitar

Inauguración das exposición de obras da colección de "Arte Galega do século XX" do Quiñones de León

A Casa das Artes acolle desde o día 28 de decembro a exposición "Obras da colección de ARTE GALEGA DO SÉCULO XX do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León" que ten como obxecto mostrar ao público con carácter permanente unha selección de obras das coleccións de belas artes do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León.

xoves, 28 dec 2006
1167313629aquesada.jpg
Paisaxe. Antonio Quesada
Ás coleccións fundacionais incorporáronse paulatinamente novas obras, destacando as adquisicións que o Concello de Vigo realizou nas últimas décadas da vida do Museo. Actualmente posúe un dos mellores fondos de arte galega do século XX que existen en Galicia, de obrigada consulta e referencia; só compre lembrar as constantes peticións de préstamos que se fan para exposicións temporais promovidas por prestixiosas entidades da arte.

O proxecto expositivo foi desenvolvido polos membros do Padroado do Pazo-Museo, Antonio Quesada,Francisco Pablos e Bernardo Vázquez Gil e presenta un conxunto de 146 obras entre pinturas, esculturas, debuxos e obra gráfica, da autoría de 81 grandes artistas do século XX.

A exposición enmárcase na serie de exposicións científicas e divulgativas que dende o año 2004 o Museo ven organizando para dar a coñecer na súa totalidade a riqueza das coleccións de arte contemporánea galega que custodia. Esta nova exposición terá, sen dúbida, un efecto catalizador sobre o funcionamento do museo e o seu discurso e completa a exhibición dos fondos, potenciando sinerxías entre espazos culturais: o Museo en Castrelos e a Casa das Artes no centro da cidade.

A exhibición das obras é, sen dúbida, o mellor instrumento para comunicar esta riqueza patrimonial, que singulariza ao Museo Quiñones de León no panorama museístico nacional.

No mostra pódense apreciar auténticas pezas mestras, que representan as tendencias, os grupos e os nomes principais da arte galega do século XX. Nesta selección, realmente espléndida, están incluídos os máis importantes creadores: Acisclo Manzano, Antón Abreu, Antonio Quesada, Antonio Tenreiro, Ánxel Huete, Arturo Souto, Barreiro, Buciños, Castelao, Cristino Mallo, Elena Colmeiro, Federico Ribas Montenegro, Francisco Lagares, Laxeiro, Leopoldo Novoa, Lodeiro, Luis Torras, Francisco Leiro, Francisco Lloréns, Isaac Díaz Pardo, José Frau, Manuel Prego, María Antonia Dans, Mercedes Ruibal, Miguel Pereira, Morquecho, Santiago Montes, Silverio Rivas, Solveira, Sucasas, Tino Grandío, Vidal Souto Virxilio e Xaime Quessada... entre outros.

Con este proxecto ponse en valor ante a comunidade as importantísimas obras pictóricas e escultóricas almacenadas. O percorrido visual que se propón coa visita permite unha ampla perspectiva da historia da arte contemporánea a partir da producción dos artistas que foron determinantes na súa construcción, e acrecenta o coñecemento sobre ela ao ofrecer unha nova oportunidade para o deleite e a reflexión sobre as diversas experiencias estéticas, individuais e colectivas, que se amosan.

Nesta ocasión a Casa das Artes, como equipamento significativo da infraestructura cultural municipal, enriquece a súa oferta coa mostra, desexada e esperada dende fai tempo, deste conxunto de obras. O seu emprazamento na Casa das Artes ven a solucionar a escaseza de espacio para a exhibición completa da colección no propio Museo, proporcionando novos ámbitos para a exposición permanente das obras, que se rescatan dos almacéns de reserva nos que se atopaban dende ai anos, e o seu achegamento á cidadanía para o seu coñecemento e deleite.
1167313629aquesada.jpg
1167313732morquecho.jpg
Descargar todas as imaxes