Actividades para esta fin de semana das "Noites Vivas"
Bailes, deportes, obradoiros, xogos e moita diversión no programa de ocio alternativo da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo "Tardes e Noites Vivas".
Nesta fin de semana, previa á despedida do ano, as mozas e mozos de Vigo terán a oportunidade de participar nunha serie de actividades diferentes ás habituais e nas que poderán pasalo en grande.
Así, o venres 29 estarán abertas as seguintes sedes do programa:
· Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva): onde se poderán realizar trenzas no pelo de coiro ou la, practicar tai chi xogar unha pachanga ao aire libre ou botar unha partida aos xogos de mesa.
· Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1): neste espazo versátil realizaranse actividades moi diferentes como bailes latinos, obradoiro de cociña xaponesa, un obradoiro de habilidades comunicativas en inglés para viaxar, musculación e squash e dous encontros de baloncesto "Vigo en Xogo".
· Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heraclio Botana, 6 – Baixo Esquerda): para despedir o ano realizarán dous torneos, un de Xogos de mesa e outro de Saja Raja.
O sábado seguirán as actividades en:
· Pavillón deportivo do Instituto do Castro: seguirán facendo trenzas no pelo de coiro ou la, pero tamén aprenderán linguaxe de signos, xogarán unha pachanga ao aire libre e terán a disposición dos asistentes diversos xogos de mesa.
· Pavillón Municipal de Deportes do Berbés: practicaranse bailes latinos, faranse e saborearanse postres xaponeses, tamén se realizará un obradoiro de perfumes e sales de baño e, para os máis deportistas, musculación e squash e dous encontros de baloncesto "Vigo en Xogo".
Cada unha destas sedes teñen un horario determinado dentro do intervalo que vai dende as 22:00 ata as 2:00 da madrugada.
Máis información:
Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 ou na web www. xuventudevigo.org