Urbanismo
Os grupos políticos dan luz verde a unha urbanización no Calvario
xoves, 16 mar 2006O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local hoxe xoves, por unanimidade dos grupos políticos, a aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono 11 do PERI do Calvario.
O Concello autoriza a contratación das obras de urbanización de Barreiro
xoves, 9 mar 2006O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo autorizou hoxe xoves a contratación polo procedemento aberto por concurso das obras de urbanización do polígono de Barreiro, futuro emprazamento de 100 vivendas de protección autonómica.
Urbanismo acorda favorecer a oferta de vivenda protexida
xoves, 2 mar 2006O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo debateu hoxe xoves os criterios que deben rexer a xestión do Patrimonio Municipal do Solo (PMS), chegando ao acordo de favorecer a maior oferta posible de vivenda cos maiores niveis de protección.
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
mércores, 1 mar 2006Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 2 de marzo de 2006, ás 9:30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da seguinte relación.
Os grupos políticos presentan as súas conclusións sobre o Plan Xeral
martes, 28 feb 2006O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo mantivo hoxe martes unha sesión extraordinaria na que os grupos políticos presentaron as súas conclusións e propostas previas á aprobación definitiva do Plan Xeral.
Urbanismo rexeita a petición dun referendo sobre o Plan Xeral
xoves, 23 feb 2006Co voto favorable do PP, a abstención do BNG e do PG, e o voto en contra do PSdeG-PSOE, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves un acordo polo que se desestima a petición dunha consulta popular sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).