Escoitar

Un informe xurídico recomenda declarar a caducidade dunha licenza en Finca do Conde

O Goberno local puxo en coñecemento dos grupos da oposición o informe xurídico solicitado por PP, BNG e PG durante a reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo da semana pasada sobre a conveniencia de suspender unha licenza de obras para a construción dun edificio de seis plantas e outro de dez en Finca do Conde.

xoves, 15 mar 2007
1173969582xeren150307.jpg
O informe afirma que esta licenza "incorre en causa de nulidade derivada do propio PEPRI declarada en sentenza firme" e sinala que "tamén incorre causa de caducidade". Entre estas dúas alternativas, o documento escolle a declaración de caducidade da licenza como "máis favorable para os intereses do Concello".

O órgano competente para incoar e resolver o procedemento de declaración de caducidade da licenza é o Vicepresidente da Xerencia de Urbanismo.

AVE

Ademais, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo tomou coñecemento na súa reunión de hoxe xoves dun informe urbanístico ao Estudo Informativo do Eixo Atlántico da Alta Velocidade, referido ao acceso Sur desta infraestrutura.

Este informe considera a denominada alternativa 1 como a máis favorable, xa que "permite factibilizar a transformación da estación de Vigo–Urzaiz", así como a súa futura conexión a Bouzas, "dende unha estación de nova creación en Sárdoma". O documento indica que esta nova estación "debe incluirse" no Estudo Informativo.
Descargar todas as imaxes