Comezan as actividades paralelas de Escoitar.org no MARCO
Este venres comeza o programa de actividades paralelas do proxecto "Escoitar.org. Laboratorio de audio", inaugurado o pasado 9 de marzo no Espazo Anexo do MARCO. A primeira actividade consistirá nun obradoiro aberto sobre a construción de instalacións interactivas a través de chips como Arduino ou BasicStamp.

O Arduino é basicamente unha plataforma de computación de fonte aberta baseada nunha placa simple ("board i/ou") e un ambiente de desenvolvemento que implementa a linguaxe "Processing/Wiring". O Arduino pode ser usado para desenvolver obxectos interactivos "standalone" ou pode ser conectado a soporte lóxico na súa computadora. Un dos seus campos de acción é a educación.
Materiais: Arduino, BasicStamp e outros chips para a interacción
Dirixido por: Berio Molina, Horacio Fernández e outros membros do colectivo Escoitar.org
Data: venres 16 marzo
Lugar: Espazo Anexo do MARCO (praza peonil posterior)
Horario: de 19.00 a 21.00 horas.
Entrada libre ata completar aforo (20 persoas).
Máis información en http://www.arduino.cc/es/ e http://www.escoitar.org/.
Descargar todas as imaxes