Escoitar

Rectificación das bases e estatutos para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación do polígono IV do PERI de Bouzas

venres, 12 xan 2007
A Xunta de Goberno Local en sesión do 13 de novembro de 2006 acordou:

" PRIMEIRO: Recitificar o erro material contido nos antecedentes do acordo da Xunta de goberno local de 2.10.06 polo que se aprobaron inicialmente os estatutos e bases de actuación do polígono IV do PEPRI de Bouzas, no que se refire á referencia ó polígono VI, cando en realidade debe figurar o IV.

SEGUNDO: Notificar o presente acordo ós interesados, informando que contra o mesmo poderá interpoñerse potestativamente, recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación do acordo perante esta Administración municipal ou, contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo de Vigo.".

Sométese de novo o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo DE VINTE DIAS mediante publicación no Boletín oficial da provincia de Pontevedra e nun dos diarios de maior circulación, tal e como establece o artigo 155 da Lei 9/02, de 30 de decembro.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate do mes contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.